COGAMI asina convenio de colaboración coa empresa de elevadores Levagalia

A través deste patrocinio, COGAMI e Levagalia van manter conxuntamente charlas e seminarios nos que se informará sobre os produtos que ofrece a empresa e que van dirixidos ao colectivo das persoas con mobilidade reducida. Ademais, as oficinas do SIL, entidades membro e centros de recursos terán material promocional de Levagalia e COGAMI encargarase de difundir nas redes sociais e páxina web información sobre esta empresa.

Esta colaboración entre COGAMI e Levagalia implica tamén unha cesión por parte desta empresa de cinco cadeiras de rodas que van ser destinadas pola Confederación para a súa utilización en actividades de divulgación e sensibilización.

Dende hoxe, con data de finalización dentro dun ano e con posibilidade de renovación automática, a colaboración vai estar en vigor.

 

VER ARTÍCULO